Qué é o Coworking?
Qué é o Coworking?
Os espazos de coworking son oficinas compartidas nas que profesionais autónomos, teletraballadores e empresarios danse cita para traballar, e onde os xestores do espazo intentan conectar e crear oportunidades profesionais e persoais entre os seus membros e para os seus membros.
A gran diferenza deste singular espazo con respecto ós centros de negocio e ás clásicas oficinas compartidas é a figura do xestor, a persoa que traballa a tempo completo para que os membros se coñezan mellor e xeran o clima de confianza e as dinámicas de colaboración que van permitir acelerar as oportunidades de traballo e axuda.
Traballar nun espazo de coworking é como traballar nunha empresa, pero no canto de ter colegas en diferentes departamentos (coas costumes habituais de trepas e coitelos nas costas) estás rodeado por profesionais con diferentes capacidades, intereses e redes de contactos. Son como compañeiros de traballo, só que en lugar de pertencer a outro departamento están noutra empresa. Nun espazo de coworking ninguén está obrigado a compartir, todos traballamos pola nosa conta, pero non estamos sos. Compartimos o que queremos e con quen queremos.
Para quen é o coworking?
Se estás buscando flexibilidade, un ambiente de traballo profesional e prezos razoables, o coworking pode ser unha boa idea para ti. Os usuarios de espazos de coworking son principalmente autónomos e emprendedores, profesionais do coñecemento que non necesitan máis que dun portátil, un teléfono e unha boa conexión a internet para poder realizar o seu traballo: programadores, deseñadores, xestores de comunidades en liña, xornalistas, representantes de vendas, avogados, arquitectos, consultores… Pero os que se acaban decidindo por este tipo de espazos son aqueles que buscan algo máis que unha cadeira, unha mesa e unha conexión a internet. Ó fin e o cabo, iso xa o temos na casa, e xa está pago.
Que é o que non temos na casa? A oportunidade de estar con outros profesionais cos que traballar, que nos fagan ser máis produtivos e nos axuden a concentrarnos mellor. Algo máis? A difícil, ou case imposible opción de separar a vida profesional e persoal, con todas as desvantaxes que iso supón. Máis? Un ambiente de intercambio e colaboración no que podemos atopar facilmente alguén con quen resolver unha dúbida, lanzar un novo proxecto, investir nun negocio.
É o coworking para ti?
A mellor forma de ver se realmente está feito para ti é probar. Xa que é unha nova forma de traballar, tes que experimentala. Podes aproveitar os días que ofrecen probas gratuítos, visitar diferentes espazos, falar cos membros e comprobar por ti mesmo se ese espazo e ti encaixades ben.
A maioría das dúbidas e preguntas que xorden antes de comezar a usar un espazo de coworking resólvense soas unha vez que estás alí. E se non fose así, sempre é máis doado plantealas en persoa e, de paso, ver se hai complicidade cos outros coworkers e cos xestores de espazo. Así que o único que che podemos recomendar é que fagas a proba, pero iso sí, cando a fagas ábrete á xente como si te foras quedar. Será a única maneira de sacarlle partido e poder facer unha boa valoración.
La fiebre del ‘coworking’ revoluciona el concepto de oficina
¿Pueden cambiar las nuevas formas de trabajo la vida? ¿Pueden destruir los espacios de soledad? ¿O tal vez le estamos pidiendo demasiado? Esta es la promesa que arrastra como un río aurífero el coworking. Es el último gran éxito del mercado laboral, el último...
CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING
Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...
CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING
Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...