Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta de dispoñibilidade de salas de xuntas, distraccións ou ruido excesivo son parte das dificultades que, se o emprendedor non atende, poden xogarlle en contra do seu negocio.
Para iso tomade nota destes consellos:
- O plan B ante a saturación. A afluencia de usuarios é unha constante nos coworking. Isto pode influir de maneira directa na saturación dalgúns servizos clave para a operación dos negocios, como as salas de xuntas ou internet. Pero hai algunhas estratexias para facerlle fronte. Para iso é mellor reservar con antelación as salas de reunións e utilizar de cando en vez a conexión internet do teu movil.
- Mais que amigos. O networking é unha das actividades que mais promoven os espazos colaborativos, pero deben realizarse de forma efectiva. O ideal é que os emprendedores non fagan contactos ao azar, senon que busquen información sobre as outras empresas ou emprendedores que asisten ao coworking e preparen un discurso acerca do seu proxecto para darse a coñecer.
- Un círculo de toma de decisións.O coworking son tamén lugares para facer negocios. Aconsellamos investigar qué empresas están instaladas que poidan ser o target do teu negocio e, antes de firmar un contrato, probar uns días para coñecer o ambiente.
- Deixa o nido. Deixa a tua oficina “caseira” e disfruta dun espazo común para levar a cabo o teu negocio.