CURSOS NO COWORKING DEZA
Xestión de producto: na busca da escalabilidade (mes de xullo)
No desenvolvemento de produto, case tódolos emprendedores creen que a súa idea vai revolucionar o mercado xa que coñecen claros casos de uso, pero cales realmente triúnfan? Aquelas que conseguen obter factores de escalabilidade con pouca inversión. Con Lean Canvasvamos detectar e validar esas hipóteses, identificando primeiro os segmentos de mercado e, coa máxima dos ciclos do Lean Startup, chegando rápido o mercado, equivocándose nas primeiras fases da inversión para correxir e chegar a escalar o antes posible.
Poñente: David Casasnovas
Aplicar metodoloxías áxiles nun sector tan procedimentado como o aeronáutico non é sinxelo, pero como demostra este Product Managerde Lugo dende hai máis de 5 anos en Centum Research & Technology, ten o seus froitos.
Lanzar un blog de empresa (mes de agosto)
Ou como facer medrar o teu negocio utilizando técnicas de marketing dixital low cost (Growth Hacking). O mundo online cada vez ten máis peso nos resultados das contas de moitas empresas. A captación de clientes a través de internet é prácticamente una necesidade para sobrevivir en sectores cada día máis competidos. Neste taller veremos como lanzar un blog de empresa en moi pouco tempo, como atrar tráfico hacia a nosa web e as ferramentas máis interesantes para transformar estos visitantes en potenciais clientes.
Poñente: José Antonio Muñoz
Josean é un emprendedor online e creador dunha das redes de blogs e canais de Youtubemáis importantes de fala hispana. Ademáis é un Inbound Marketere Growth Hackercon máis de 7 anos de experiencia como responsable de marketing en numerosos proxectos online.
A saúde no posto de traballo de hoxe (setembro)
Canta xente coñeces que leve máis dunhos poucos anos traballando en oficina e non teña ou tivera nalgún momento problemas de espalda ou de outro tipo provocados polo sedentarismo e por moitos malos hábitos adquiridos ó largo dos anos? Se ti eres unha desas persoas, non deberías perder esta charla. A charla consistirá nunha reveladora explicación sobre como garantir a xerarquía do cerebro como clave para manter uns bos niveis de saúde e unha maior eficiencia no traballo.
Poñente: Aser Pereira Enríquez
Fisioterapeuta, osteópata e psiconeuroinmunólogo clínico en Move, con anos de experiencia tanto en España como en Francia.
La fiebre del ‘coworking’ revoluciona el concepto de oficina
¿Pueden cambiar las nuevas formas de trabajo la vida? ¿Pueden destruir los espacios de soledad? ¿O tal vez le estamos pidiendo demasiado? Esta es la promesa que arrastra como un río aurífero el coworking. Es el último gran éxito del mercado laboral, el último...
CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING
Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...
CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING
Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...