As 10 vantaxes do Coworking

20 Feb, 2018

<style><!-- [et_pb_line_break_holder] -->.container {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> padding-right:0;<!-- [et_pb_line_break_holder] --> padding-left:0;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] --><!-- [et_pb_line_break_holder] -->#commentform #submit {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> background-color: #94ba33;<!-- [et_pb_line_break_holder] --> border-radius: 10px;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] -->.horizontal-optin p{<!-- [et_pb_line_break_holder] -->display: inline-block;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] -->.horizontal-optin .et_pb_newsletter_form p:nth-child(3) {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> width: 70%;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] -->@media (max-width: 767px) {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> .horizontal-optin .et_pb_newsletter_form p:nth-child(3) {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> width: 50%;<!-- [et_pb_line_break_holder] --> }<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] --></style>
Cada vez máis xente coñece o coworking e cada vez podemos ver máis espazos, xa que o certo é que son moitos os beneficios que nos dá esta innovadora forma de traballar. Neste artigo ímosvos contar as que para nós son as 10 principais vantaxes do coworking.

1. Espazo profesional a un prezo baixo.

É inevitable que esta sexa a primeira vantaxe que vén á mente. Cando un é autónomo ou ten unha pequena empresa con poucos empregados, ten varias opcións: manter o traballo na súa casa, alugar un espazo ou dirixirse a un centro de coworking. No primeiro caso, o espazo non adoita ser moi profesional, cos inconvenientes que iso supón; no segundo, pode chegar a ter un espazo profesional sempre que asigne recursos á súa adecuación; e só no terceiro caso atoparás un espazo profesional dende o primeiro día sen ter que preocuparte por nada que teña que ver co mantemento do espazo. E o mellor de todo é que é unha solución moito máis económica e flexible que alugar unha oficina.

2. Escalabilidade do espazo e custos.

No caso de que teñas unha startup ou unha pequena empresa, atoparás que un centro de coworking ofrece, ata un certo teito de crecemento, unha solución flexible se a túa empresa vai ir medrando en empregados ou colaboradores. Deste xeito, poderás dispoñer de máis ou menos espazo a media que o vaias necesitando, convertendo este custo, tradicionalmente fixo, nun custo variable no teu plan de negocios.

3. Flexibilidade

Nos centros de coworking é posible axustar o custo mensual do espazo en función do tempo que adicas a ser emprendedor. Nestes tempos, moitos dos emprendedores non poden permitirse adicar o 100% do seu tempo ó seu proxecto e teñen que combinalo con outras actividades ou a traballos por conta allea. É por iso que non necesitan unha oficina diaria durante 8 horas. Os espazos de coworking adoitan ofrecer nun 90% dos casos taxas diferentes segundo o uso que lle vaias dar ó espazo. Así, topamos tarifas de media xornada, xornada completa, paquetes de horas semanais e ata horas individuais en algúns casos.

4. Para gustos, cores.

Estamos a asistir a un boom na proliferación destes espazos, pero non todos son iguais. Existen orientacións para pequenas empresas, para fomentar a creatividade, apoiar o aspecto internacional do proxecto, o sector tecnolóxico… O que sempre se atopa en todos eles é unha comunidade de compañeiros de traballo con forte espírito de colaboración e vontade de traballar dun xeito diferente do que traballaba ata agora, especialmente nas grandes corporacións.

5. Foco, mellor produtividade e máis disciplina.

Traballar dende casa é cómodo, pero tamén é perigoso no sentido de que a vida persoal e profesional non está separada. Funciona mellor porque non hai distraccións tales como manter un ollo nas lentellas no lume ou atender ó fontaneiro mentres fixa a instalación do baño. Tampouco hai que prestar atención ó mantemento do seu espazo de traballo: acabouse o de perder unha mañá ó teléfono á espera de que o servizo técnico de ADSL poida arranxar a liña. Hai outros que se ocupan de que atopes un espazo onde todo o que tes que facer é traballar. Ademais, outra das vantaxes do coworking é que se consegue un pouco máis de disciplina en termos de horarios de traballo, xa que cando saes do centro de traballo e máis sinxelo deixar o ordenador  e non adicarlle máis tempo que o debido.

vantaxes do coworking

6. Imaxe.

Outra deas vantaxes do coworking é que poderás recibir ós teus clientes e provedores nun espazo adecuado e condicionado, cun aspecto profesional.

7. Compartir proyectos para enriquecerlos y poder llevarlos a cabo.

Probablemente, esta é a vantaxe máis intrínsecamente propia e importante do coworking. Ata agora o empresario tiña vergonza ou desconfianza ó compartir as súas ideas. Nos centros de coworking trátanse de erradicar aqueles prexuicios que non son máis que deficiencias para o desenvolvemento profesional. Compartindo os teus proxectos enriquecerálos grazas ás contribucións do resto de coworkers.

Ningún profesional é igual a outro e por iso a perspectiva que o resto de compañeiros poida ofrecerche será moito máis valiosa do que ti so poderías ter madurado pola túa conta. Ademais, en xeral, os emprendedores adoitan estar especializados na súa área de negocio, pero para levar a cabo un proxecto completo, cómpre abarcar tódolos paos e saber de deseño e imaxe corporativa, plan de negocio, área xurídica aplicable, administración, etc. Nunha comunidade de coworkers, atoparás profesionais de tódalas áreas que poderán facer contribucións complementarias ó teu proxecto… E quen sabe se aínda atopas socios para levala a cabo.

8. Acceso a proxectos e clientes de forma cooperativa.

Centros de coworking non só estarás ó día dun maior número de oportunidades, senón que ademáis poderás montar equipos puntuais xunto cos compañeiros de coworking para poder atender unha demanda concreta e puntual nun proxecto.

9. Superar o isolacionismo.

De novo un perigo máis de traballar dende a casa: o isolacionismo ou ser un recluso do pixama. O intercambio con outros profesionais é moi recomendable para a motivación e evita a apatía. Tamén mellora o teu coñecemento das tendencias do mercado e dáche acceso a coñecementos que pola túa conta nunca terías obtido.

10. Manterte actualizado.

Esta última das vantaxes do coworking vai da man do punto anterior. Ademais xa de te convertir nun mellor profesional a través do intercambio de información e coñecemento coa comunidade de coworkers, na maioría dos centros de coworking atoparás unha proposta mensual moi interesante de cursos e actividades. Hainos máis orientados ó enriquecemento persoal (clases de ioga, cociñar, etc.) e hainos que fomentan o desenvolvemento profesional (empregando ferramentas que axudan á produtividade do empresario, de coñecemento xurídico e administrativo, xornadas de intercambio con entidades externas, etc.).

CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...

read more
CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...

read more