A evolución dos espazos de coworking

22 Feb, 2018

<style><!-- [et_pb_line_break_holder] -->.container {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> padding-right:0;<!-- [et_pb_line_break_holder] --> padding-left:0;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] --><!-- [et_pb_line_break_holder] -->#commentform #submit {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> background-color: #94ba33;<!-- [et_pb_line_break_holder] --> border-radius: 10px;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] -->.horizontal-optin p{<!-- [et_pb_line_break_holder] -->display: inline-block;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] -->.horizontal-optin .et_pb_newsletter_form p:nth-child(3) {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> width: 70%;<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] -->@media (max-width: 767px) {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> .horizontal-optin .et_pb_newsletter_form p:nth-child(3) {<!-- [et_pb_line_break_holder] --> width: 50%;<!-- [et_pb_line_break_holder] --> }<!-- [et_pb_line_break_holder] -->}<!-- [et_pb_line_break_holder] --></style>
O modelo coworking está a marcar a nivel mundial un xiro no estilo de vida e de traballo dos profesionais autónomos ou freelance. Un estudo de Deskmag revela as claves do crecemento global desta forma de traballar basándose no aumento do número de espazos de coworking en todo o mundo.

Os inicios do coworking

Acéptase que Brad Neuberg, basándose no concepto de coworking que Bernie DeKovenen acuñara en 1999, foi o primeiro creador dun espazo de coworking. Neuberg deixou o seu traballo nunha gran empresa para comezar a súa carreira como autónomo (freelance). Ó ver que botaba en falla compartir impresións e proxectos cos demais, fundou en 2005 o primeiro espazo de coworking, o Hat Factory. Así converteuse no principal promotor deste modelo colaborativo de traballo, que vai moito máis alá de compartir, sen máis, un espazo de traballo. Nos centros de coworking foméntase o intercambio de ideas entre os coworkers, o emprendemento e a colaboración para desenvolver proxectos que non se poidan cubrir illadamente, xa sexa por falta de recursos ou por falta de coñecemento.

Expansión mundial

Ranking de países por número de espazos de coworking
Dende a creación do Hat Factory de Neuberg, o crecemento é abraiante e continúa en progresión ascendente. Segundo Deskmag, principal referencia de centros de coworking a nivel mundial, o crecemento en 2017 foi do 22%. Ata chegar ós 13.800 espazos de coworking en todo o mundo. E o crecemento é de casi un 300% se comparamos co ano 2013, no que “só” había 3.600 espazos. Son cifras que aumentan cando os profesionais independentes descobren as vantaxes do coworking.

En canto a España, temos que dicir que o coworking goza dunha excelente saúde e que nos situamos no terceiro posto do ranking por países, por detrás de EE.UU y Alemania. Sería cousa da crise o será que estamos acollendo especialmente ben o concepto e as vantaxes do coworking; en calquera caso, parece que o coworking chegou a España para quedarse.

Ademais do número de espazos de coworking creados en España, hai varias iniciativas locais para apoiar o concepto. Probablemente a plataforma Coworking Spain sexa a máis importante. Ademais de ter un poderoso motor de procura de espazos e de coworkers, lanzou varias actividades interesantes; como os seus seminarios de coworking ou a Conferencia Coworking Spain, que se celebrará en Madrid os días 17 e 18 de maio.

Vantaxes dun novo estilo de traballo

Se preguntas a calquera coworker cales son as vantaxes de compartir un espazo de traballo, probablemente che dirá que gañou en produtividade e que a súa rede de contactos de traballo (networking) aumentou considerablemente. Pero, ademais, reduciu custos relacionados coa loxística de oficina e agora funciona nun espazo mellor acondicionado. Polo tanto, o modelo de coworking beneficia ós autónomos social e económicamente.

“Son espazos que potencian a innovación, a creatividade e a creación de redes de contactos laborais”
O que enriquece un centro de coworking non é o seu mobiliario, senón a súa comunidade de coworkers. O fundamental destas instalacións, é a rede de colaboración establecida entre os profesionais que traballan neles. Esta rede é o que fai que o modelo de coworking funcione. E en ocasións estes centros especialízanse nun campo profesional concreto ou nun sector de poboación determinado. Pero se hai unha característica común a todos é que son espazos nos que se potencia a innovación, a creatividade e as novas formas de traballo basadas no networking. Por iso, quenes proban a experiencia tenden a repetir ea abonarse á sistema coworking.

Mellora como profesional

Ata agora, o autónomo ou freelance era un profesional que tendía ó illamento, traballando dende o salón da súa casa e dende o ostracismo do medo a compartir as súas ideas. Fronte a isto, os espazos de coworking ofrecen un clima de traballo óptimo, unhos recursos que nin sequera estarían dispoñibles nunha casa: salas de reunións, intranet, ferramentas de produtividade… e un espazo axeitado para recibir un cliente, facer unha presentación de produto, etc.

A todo isto hai que engadir unas posibilidades de networking considerables que o axudan a crecer profesionalmente. E, sobre todo, a posibilidade de acceder a proxectos e clientes en colaboración con outros autónomos que ata agora eran inalcanzables.

“Acceso a proxectos e clientes en colaboración con outros autónomos que ata agora eran inalcanzables.”
Se pensas que quizais o coworking é o que necesitas na túa carreira como autónomo ou freelance, hai moitos factores que poden determinar a túa decisión de traballar alí:

– Novas formas e métodos de traballo

– Compartir ideas e enriquecelas coas doutros coworkers, e incluso facelas realidade xunto con algún deles

– Aforro de custes

– Mellora cualitativa do teu espazo de traballo.

Ademais, estes espazos axudaránche a solucionar o resto dos problemas que che asaltan e que son comúns a todos os autónomos: canto cobrar, como mellorar a túa reputación, como ter éxito sendo autónomo, como conseguir máis proxectos, etc.

A interacción con outros compañeiros de traballo parece ser un factor determinante na túa produtividade. E todos estes centros potencian tanto esta interacción como un ambiente de inspiración, creatividade e innovación.

CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...

read more
CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

CONSELLOS PARA USUARIOS DE COWORKING

Os coworking son os espazos alternativos para que as start-ups aforren en gastos operativos e xeren unha rede de contactos precisa para arrancar un negocio. Pero operar neles, nalgunhas ocasións, tamén representa desafíos. Saturación de servizos como internet, falta...

read more